TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 2 RCD VILALBÉS 2.
Un gol de Angeriz no minuto 95´ salvou un punto para o As Pontes no encontro de rivalidade xogado na tarde de hoxe no Campo do Poboado.
A primeira metade foi do cadro lucense, que sobre todo creou perigo nos lanzamentos a balón parado do seu crack Justino. Asi, tras dous córners, puido marcar Félix en sendos remates de cabeza
despexados por Simón no 3´ e paradón in extremis no 11´. Outro lanzamento de falta de Justino no 23´ despexouno con apuros Moncho a rentes do pau. Pra o As Pontes tan so salientar un balón rexeitado
que lle caeu a Moncho na zona de perigo, que non acertou a marcar (6´), amén dalgúns tiros lonxanos de Chicho. Por si fora pouco que o xogador número 10 dos verdes fora un perigo constante nos
lanzamentos a balón parado, resulta que tamén sabía marcar, e estando so no 46´ e a piques de sonar a bocina do descanso marcou o 0-1 de tiro cruzado.
Xarro de auga fría pra os ponteses que hoxe por momentos estiveron irrecoñecibles, moi nerviosos, e ante un rival ben replegado atrás, curiosamente por momentos os xogadores que máis tocaban o balón
eran os defensas e Simón, a quen unha cesión de Chote no 28´ case lle costa un disgusto ante Dani.
No segundo tempo máis do mesmo, a piques estivo case de sentenciar Roberto, tras saque de córner, pero o seu remate de cabeza vai ó pau (62´).
Chicho mandou outro balón por alto, e Moncho tampouco sacou proveito doutro barullo na área visitante, asi que foi outra vez Justino, do mellorciño que pasou este ano polo Campo do Poboado quen
volveu a marcar tras facer unha gran xogada e volvendo a anotar de tiro cruzado ante o que tampouco puido chegar Simón (73´).
Outro tiro por alto de Chicho (76´) e cando parecía perdido o As Pontes, a sete minutos do final, Bossa, co seu guante marcou unha falta pola escadra desde uns 25 metros e poñía o 1-2 no marcador e
daba algo de esperanza a parroquia local. Xa no 88´ chegou o penalti, sinalado polo colexiado Antonio Loira, que provocou a expulsión do adestrador visitante Charli e un xogador do banquiño. Non
houbo lugar pra a protesta ou reclamación pois Chicho, no seu lanzamento ante un porteiro de non moita envergadura física, lanzouno polo centro e Jose Ángel despexouno. O cuarto penalti fallado de
cinco lanzamentos pra os azuis.
No 95´, cando semellaba que o público, escaso pero moi fiel, se ía a marchar outra vez cabizbaixo do Campo do Poboado, Ángeriz recolle un rexeite dentro da área, controlao co peito e sen deixala caer
coloca o balón onde non pode chegar o perteiro visitante situando o 2-2 definitivo no marcador, resultado que non satisfizo a ningún dos dous contendentes, anque vistas as circunstancias e o resto de
resultados o As Pontes segue vivo unha semana máis.
Complicada visita terá o As Pontes a semana que vén a Abegondo pra xogar co Deportivo B, onde deberá tentar lograr sacar algo positivo antes de recibir ó Betanzos nunha auténtica final na que deberá
contar co apoio do público.
Agora mesmo os descensos en Terceira son seis, anque o Celta B gañou, e está a un punto da salvación, e con maior ou menor probabilidade de descenso están Somozas 31, Vilalonga, Negreira e Dorneda
29, Racing de Ferrol 27, Bergantiños 25, As Pontes 22, Estradense 20, Areas 19, Betanzos 17, Lalín 14 e Sanxenxo 12.
RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO C.D. AS PONTES.
O segundo equipo pontés foi incapaz de gañar na casa do colista. Perdeu 2-1 en Valdoviño, tanto de Danilo, perden o goal average co último, e seguen segundos pola cola con 15 puntos, en descenso
directo, e anque Eume e Cariño non están en moi boa situación na Primeira Autonómica, de momento parece ser que non hai arrastres e solo baixarían dous equipos. O Barallobre está a un punto e o
Somozas B a dous, e para a semana ven o outro equipo fenés, a Cultural Maniños, equipo cuarto clasificado, enfrascado na loita polo ascenso, pero ó que hai que gañar si ou si, para un equipo azul que
leva dende o 20 de Novembro, máis de dous meses, sen gañar e necesita tres puntos como o comer.
Empate a 1-1 do Xuvenil de Liga Galega ante o Montañeros B, o que deixa ós de Carballo décimos con 25 puntos, recibindo o sábado que vén ó Conxo B, dous postos e catro puntos por riba. Lidera
Compostela con 44, equipo que semella que vai lograr os dous ascensos, e Vilalbés con 38.
O equipo feminino salvou un empate a 0-0 na casa do penúltimo clasificado Silleda, equipo que, como xa advertimos, ten moito máis plantel do que indica a súa clasificación actual. Pero o punto do
equipo feminino foi o máis valioso dos seus catro anos de historia. Comezando o ano coa mesma falta de puntería que o 2011, para este encontro a porteira titular Leti non puido acudir, co cal saiu a
súa suplente, Alba Romero, a quen nunha xogada desafortunada no primeiro minuto lle partiron o labio e tivo que ser sustituida no minuto 3. Para colmo de males, hoxe tampouco foi da partida Yaiza, a
multiusos, así que a heroína da xornada foi a dianteira Candela Prieto, quen emulando os xenes do seu irmanísimo campión de Europa Borja Prieto, mantivo a portería a cero durante os 87 minutos
restantes logrando un punto para as azuis que suman 29 e a semana que ven recibirán á complicadísima Pastoriza. (Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com).
O segundo xuvenil empatou 2-2 co Numancia de Ares. Marcha decimoprimeiro con 14 puntos. A semana que ven acudirán ó Cadaval para enfrontarse ó Narón BP. Os dous tantos foron anotados polo polivalente
e talentoso Darío.
Victoria por 4-2 do equipo cadete do tándem Roca-Bouza ante o Portuarios, o que os sitúa cuartos con nove puntos (empatados con San Pedro e Narón BP), detrás do intratable Galicia de Caranza que ten
12. A semana que vén enfrontaranse co EFG Caranza. Os tantos foron anotados por Dieguito (2), Nahum e David.
Derrota do equipo infantil adestrado por Iván Rodríguez en Ares ante o Numancia por 1-0. Os azuis son séptimos con 11 puntos e na vindeira semana recibirán ó Miño que suma catro.
Un vendaval fenés pasou polo Poboado e o Alevín A de Fontao despediuse do título de Liga tras perder 2-5 co Perlío. Pola súa banda o Eume B goleu 7-1 ó Caranza B, equipo que a semana pasada desfixose
dos azuis por 6-1, e os de Pontedeume son líderes con 36 puntos, dous máis que os de Fene. Non se rende Amistade de Meirás que tamén ten 34, e xa máis alonxados Caranza B con 30 e As Pontes con 27.
Os azuis reciben a semana que vén ó Cariño. Tantos de Bruno e Diego Criado.
Sensacional o Alevín B que gañou o seu segundo partido consecutivo e xa suma 9 puntos. Impúxose ó Cedeira B por 0-8, alcanzando a décima posición e visitando a semana que vén ó Animas, un posto e
tres puntos por riba.
O Benxamín A perdeu 4-2 co Portuarios B, tantos de Xoel e Adrián. Son sextos con 19 puntos visitando a semana que ven ó líder invicto Racing San Pedro B, 12 victorias en outros tantos
encontros.
O As Pontes Benxamín B perdeu 2-10 co líder Narón BP, recibindo tamén en casa o sábado que ven ó terceiro clasificado, Caranza B. Tantos da honra de Javi e un en propia meta.
Gran victoria do Prebenxamín A en San Sadurniño por 0-4. Os azuis son sextos con 24 puntos. Visitarán ó penúltimo clasificado Caranza D o próximo sábado.
Os máis pequenos do Prebenxamín B perderon 1-3 co Galicia de Mugardos e continúan 11º con 8 puntos, repetindo partido na casa o día 28, nesta ocasión co Eume que vai un posto por diante con catro
puntos máis. Gol de David.
Amuletos de la élite futbolística

[El Progreso] Es futbolista, portero del CD As Pontes, y fue uno de los socios de Puzzlemotor, la primera empresa que se asentó en la incubadora de As Pontes, dedicada a la fabricación de piezas de fibra de carbono. La suma de las partes y la división de los socios lo llevaron a la independencia y hoy, cuatro meses después de crear su negocio de fabricación de espinilleras de fibra de carbono, Simón Cabarcos fabrica protecciones, consideradas por muchos talismanes, para las piernas de numerosos jugadores de la élite del fútbol.
«Empecé diseñando espinilleras para mí, para jugar, y el boca a boca hizo lo demás», empezando por su propio equipo, donde las integró de forma «forzosa», bromea este joven emprendedor, que compagina su proyecto con su trabajo en el Concello de Narón y en una tienda de Lego en Odeón.
La fama de sus protecciones de fibra de carbono, mucho más ligeras y al mismo tiempo más duras que las tradicionales, corrió de banquillo en banquillo y de vestuario en vestuario a la velocidad de la luz. Así, todavía sin página web y en sus primeros pasos, Simón Cabarcos vendió más de 150 pares de armaduras futbolísticas para una interminable lista de jugadores de Primera División de toda España, a más de la mitad de la selección sub 21 y a muchos de categorías inferiores, además de saltar fronteras y llegar al Chelsea de la Premier League inglesa, a Portugal con el Benfica o incluso a la selección venezolana.
«El mundo del fútbol al final es pequeño. Conozco a muchos jugadores y si tú hablas con uno, si las ve y le gustan, se va corriendo la voz», asegura el portero, que bromea con que además es una buena época para las espinilleras «con Mourinho dando publicidad», en referencia a las declaraciones del técnico del Madrid sobre las ventajas de las protecciones de fibra de carbono ante patadas y golpes en las piernas más preciadas.
Personalizadas
Pese a ir escondidas bajo las medias, muchos futbolistas convierten las espinilleras de Blindaxe.com en talismanes, amuletos que buscan suerte y goles o incluso pequeños altares. Así, algunos diseños solo incluyen el nombre y el número del jugador, aunque los más personalizados incorporan fotografías familiares, lemas y frases, banderas y referencias a la patria o santos para los más creyentes.
La medida también se puede personalizar, al igual que el color se puede variar. «De una espinillera universal, las demás se adaptan a los gustos de cada uno», explica Simón, que asegura que con este nuevo trabajo está descubriendo el santoral completo.
Entre los colores, la fibra de carbono se fabrica en cuatro: verde, azul, rojo-anaranjado y negro, que «es el que más se vende», además del kevlar y carbono, que es amarillo y negro.
«Es un negocio que ves recompensado porque a la gente le gustan las espinilleras», dice el portero pontés. «Llevarlas es como no llevar nada. Es como llevar solo la media, como una hoja de papel, pero vas protegido. Pesan unos 40 gramos», indica, mientras subraya que nada tienen que ver con las de antes, de tela y «superpesadas».
El futuro, dice, no le obsesiona demasiado, pero seguirá trabajando en su taller de As Pontes y alrededor del mundo para introducir poco a poco en el mercado unas espinilleras que sirven de armadura y talismán al mismo tiempo. Por el momento, en enero abrirá su web (www.blindaxe.com) y mientras seguirá con el boca a boca de vestuario en vestuario y de banquillo en banquillo y con su correo preparado (simon@blindaxe.com) para nuevas propuestas.
Venda de roupa do C. D. As Pontes
O Club Deportivo As Pontes, como un ano mais pon á venda a roupa que usará o club durante a presente tempada.
O prezo da roupa será o seguinte.
SOCIO NON SOCIO
CHANDAL 35€ 50€
POLO 12€ 20€
PARKA 40€ 60€
CHANDAL TEMPADA 2011-12
POLO TEMPADA 2011-12
Chaqueta. (Esta prenda e en color vermello
